Onte pola mañá os bombeiros de Vigo acudiron ás 8 da mañá a apagar o lume nunha vivenda da Avenida de Portugal, en A Ramallosa. O matrimonio que vivía na casa non resultou ferido pero o incendio provocou importantes danos materiais en dúas habitacións, e importantes perdas perdas de enseres e documentación persoal. Unha das habitacións quedou totalmente calcinada, e a outra quedou moi afectada polos efectos da calor e o fume. As causas do incendio se descoñecen de momento pero todo apunta a unha sobretensión de corrente no baixo da vivenda.