Cespa retira en 48 horas os restos de 10 días de folga de lixo en Nigrán

Imprimir
{mosimage}Oito camións e varias brigadas de peóns a pé emprenderon o xoves a recollida de residuos tralo acordo, ás dúas da madrugada, entre traballadores e empresa. O concello mantén abertos varios expedientes sancionadores contra Cespa por non establecer os servizos mínimos desde o primeiro día de folga.

Tres dos camións que efectúan a recolleita de lixo en Nigrán acenderon os seus motores pasadas as dúas da madrugada de onte xoves. Era o sinal sonoro de que ao fin a folga que mantivo ao municipio sen servizo de limpeza durante dez días concluíra.

Expediente sancionador

Juan Hermida recordou, así mesmo, que o concello mantén abertos varios expedientes sancionadores contra Cespa por non establecer os servizos mínimos desde o primeiro día de folga.
A concesionaria, que podería ter que facer fronte a varias multas por incumplimientos de contrato, asumiu o servizo de recolleita de lixo e limpeza viaria en Nigrán en 2004, unha concesión que ten unha vixencia de 16 anos prorrogable a 20.