Nigrán mellora o control dos seus sistemas de bombeos

Imprimir

O martes pasado levouse a cabo o acto de recepción da obra de actuacións de emerxencia para mellora de bombeos na rede de saneamento e do emisario submarino no Concello de Nigrán, valoradas en 861.235,86 €. Nos últimos meses fóronse poñendo en funcionamento as distintas actuacións que a Dirección Xeral de Augas de Galicia da Consellería de Medio Ambiente desenvolveu no concello de Nigrán como foron o aumento da capacidade de bombeo, a construcción de desareadores, o acondicionamento do sistema de desinfección por raios ultravioleta da EDAR, a instalación de clapeta en aliviadeiros, a instalación do novo colector en Praia América,  a reparación do emisario submarino, e a instalación dun sistema de telecontrol.

 As autoridades municipais xunto con técnicos do organismo autonómico e responsables da empresa executora das obras, revisaron o bo funcionamento das infraestructuras. Especialmente, o Concelleiro de Medio Ambiente, Juan Hermida, recibíu unha explicación de cómo funciona o sistema de telecontrol de bombeos.

Este sistema realizouse mediante estacións remotas que se comunicarán co centro de control ubicado na ETAP de Condomínguez, vía radio e que permitirán automatizar e controlar as estacións de bombeo e os seus servicios asociados, controlando en todo instante que estas instalacións funcionen correctamente. A maiores, o goberno Municipal xestionou con augas de Galicia a instalación dun terminal no concello que lles permitirá ós operarios municipais acceder a este sistema e así ter constancia das posibles incidencias que ocurran nestas infraestructuras. Segundo asegurou o concellal de medioa ambiente Juan Hermida, "esta terminal atópase xa en probas e nos próximos días entrará en funcionamento".