O Sergas dotará a Panxón de tres consultas máis e un área de pediatría

Imprimir
Centro de saúde de Panxón
O futuro centro de saúde de Panxón contará cun número de consultas e profesionais sanitarios moi superior ao do actual. O plan de actuación deseñado polo Servizo Galego de Saúde (Sergas) para as instalacións contempla un incremento de tres consultas médicas sobre as catro da actualidade e a implantación dun área de pediatría, inexistente ata o momento.

O departamento da Consellería de Sanidade informa das previsións funcionais do centro ante a inminente aprobación da cesión dos terreos por parte do Concello de Nigrán. Os grupos municipais debaterán o asunto no pleno que se celebrará mañá mércores.

continúa en Faro de Vigo