UCN propón crear unha comisión de seguimento para que "o porto deportivo de Panxón sexa real

Imprimir
Porto de Panxón
Os independentes instan a Portos de Galicia a que proceda á reparación do peirao de Lourido. Unión Centrista de Nigrán, por medio do seu portavoz, Antonio Fernández Comesaña, presentou o pasado mércores na sesión plenaria unha enmenda a unha moción presentada polo PP para pedir ao goberno local (PSOE-BNG) a creación dunha comisión de seguimento, na que estean representados todos os grupos da corporación.

Ademais, formarán parte os diferentes axentes sociais e económicos (a Confraría de Pescadores, Náutico, Asociación de Empresarios do Val Miñor e Centro de Iniciativas Turísticas) co obxecto de alcanzar un acordo para que o porto deportivo de Panxón sexa unha realidade coa máxima celeridade "sen deixar de lado aos principais protagonistas, homes e mulleres, que teñen na mar como único medio de vida e recursos económicos, salvagardando a contorna e o medio ambiente", explicaron.

Continúa en Vigometropolitano.com