O Plan Concellos achega 64.000 € a Gondomar para a realización de obras no polideportivo municipal

Imprimir

O Plan Concellos acada un grao de adxudicación do 51%, o que representa un investimento na vila de 446.857,07 €

A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou unha achega de 63.930,54 € dentro da liña 1 –investimentos– do Plan Concellos para a realización de obras de conservación e mantemento do material de cubrición do polideportivo municipal, un investimento no que se inclúen a execución das obras e a redacción do proxecto técnico.

Esta achega súmase ás xa aprobadas polo Plan Concellos con anterioridade, é dicir, 177.940,49€ para melloras en pavimentación, drenaxe e seguridade viaria do camiño de Carrasquedo de Abaixo, na parroquia de Vilaza, 8.011,46 € na liña 3 para a celebración da IV Carreira a prol da

Corresponsabilidade e a actividade "Gondoverán" e, por último, 196.975,14 € destinados á contratación de 19 traballadoras e traballadores, isto último na liña 4 que o programa dedica ao emprego.
Isto fai que o investimento na vila de Gondomar ao abeiro do Plan Concellos se sitúe en 446.857,07 €, o que representa un 51% do total.