Este venres preséntase En Marea na vila de Gondomar.

Imprimir
en marea

Xosé Luís Méndez Ferrín, candidato ao Senado pola provincia de Pontevedra, atópase entre a lista de persoeiros políticos que acompañarán a presentación electoral de En Marea en Gondomar. Esta forza política que congrega en Galicia a PODEMOS, ANOVA e Esquerda Unida, xunto con outras formacións independentes, presentará as súas propostas cara as eleccións xerais do vindeiro 26 de xuño. O acto terá lugar este venres 17 de xuño ás 19 horas o Auditorio Municipal Lois Tobío.

Acompañarán a Méndez Ferrín nas intervencións os tres primeiros candidatos ao Congreso dos Deputados pola provincia, Alexandra Fernández, Ángela Rodríguez e o concelleiro por CABE-Gondomar, Josué Villar, respectivamente.

A candidata ao senado por Pontevedra Vanessa Angustia e Eva Solla, voceira de AGE no parlamento galego completan a lista de persoeiros que en nome de En Marea presentarán a lista de candidatos así como o programa electoral da formación en Gondomar.