Trasladan os alimentos almacenados no CDL de Gondomar en prevención dunha nova crecente do Miñor.

Imprimir
almacen gondomar

Os alimentos almacenados na planta baixa do Centro de Desenvolvemento Local de Gondomar foron colocados a bo recaudo nun opertativo conxunto do Concello e voluntarios de todo o Val Miñor. A enchente do río Miñor fixo temer que as augas ingresaran na planta biaxa da vella escola, polo que a Concellaría de Servicios Socias que xestiona Rocío Cambra, dispuxo o traslado urxente das existencias a outras dependencias municipais, logrando que o material non fora afectado.

Este operativo levouse a cabo na tarde noite do día de onte, e ademais dos alimentos almacenados para servizos de emerxencia social, tamén foron trasladados xoguetes e roupa almacenada para os mesmos fins, segundo comunicou esta mañá o Concello de Gondomar . De feito as augas nunca entraron ao edificio como erronamente informárase na nota publicada onte neste medio.

Voluntarios de Gondomar, Baiona e Nigrán achegáronse para axudar nos traballos de traslado en resposta a unha chamada realizada en redes sociais polo Concello de Gondomar. Un guindastre e operarios do concello completaron o equipo responsable deste operativo de prevención levado a cabo pola posible inundación, que de seguir as fortes choivas ameazaba con alagar a primeira planta do CDL (centro de desenvolvemento social).

Toda a comida e o diverso material está a salvo, das inclemencias meteorolóxicas, en dependencias do Concello.