#Gondomar limpa os colectores de lixo e pide respecto polas normas de bo uso á veciñanza.

Imprimir
limpeza gondomar

O Concello de Gondomar anuncia está levando a cabo unha campaña de limpeza de todos os colectores de lixo do termo municipal.

Sinalan que por primeira vez estase a realizar o lavado dos colectores con desengraxante para limpar as paredes e o fondo dos residuos que quedan adheridos aos colectores. Engaden que o tratamento conleva a utilización de espuma con bactericida que perfuma o colector e o mantén durante máis tempo limpo. Todo o proceso está feito con auga quente, segundo explicacións recibidas pola alcaldía da empresa GESECO, concesionaria do servizo.

Por outra banda, botouse andar unha campaña de desratización dos colectores e do entorno onde se encontran ubicados, valorando a necesidade de cambialos a outras localizacións máis axeitadas co fin de evitar escombreiras e focos de infección dentro do casco urbano e das parroquias.

O alcalde Francisco Ferreira chama á concienciación cidadá para realizar un bo uso dos colectores cumprindo os horarios e intentando deixar o lixo a última hora da tarde.