Merenda compartida en #Gondomar cos cativos saharauís.

Imprimir
nenos saharauis

Hoxe os pequenos saharauís que visitan o Val Miñor no programa Vacacións en Paz, gozaron dunha merenda compartida en Gondomar. Os acompañaron as familias acolledoras, membros do programa e Rocío Cambra, concelleira de Benestar Social e Francisco Ferreira, alcalde municipal.

Para coñecer un pouquiño de preto como conviven os nenos Saharauis coas súas familias miñoranas, os compañeiros de Gondomar.tv, achegáronse ata o xardín da praza da Paradela de Gondomar, onde celebraban a merenda.

Henrique Porto, integrante da ONG Sogaps, e pais e nais de adopción dos nenos explican en primeira persoa como funciona o programa de adopción "Vacacións en paz" e a convivencia cos nenos no seguinte vídeo.

Ver vídeo en Gondomar.tv