Gondoverán dará servizo a un centenar de cativos durante o mes de xullo.

Imprimir
Gondoveran-2015

O alcalde de Gondomar, Paco Ferreira, e as concelleiras Iria Lamas e Nuria Lameiro visitaron esta mañá o Gondoverán, o campamento de lecer e tempo libre no que participarán 100 nenos e nenas de entre 3 e 12 anos, durante todo este mes de xullo. Na presentación fíxose entrega dunha camiseta a cada un dos nenos e nenas participantes. Este ano incrementáronse as prazas do devandito campamento tras unha demanda que alcanzou as 120 solicitudes segundo fontes da administración local.

Durante o campamento os cativos levarán a cabo multitude de actividades como xogos de coñecemento, de grupo, talleres, jimkanas; ademais de distintas visitas; todo isto supervisado por animadores con formación en Igualdade de Oportunidades, sinalan.

Esta iniciativa, posta en marcha e financiada polo concello de Gondomar e a Concellaría de Igualdade con colaboración da Deputación de Pontevedra, favorece a conciliación da vida familiar e laboral durante o mes de xullo, á vez intenta potenciar o desenvolvemento integral dos pequenos a través dunha programación que combina o xogo con actividades creativas, culturais e coñecemento da contorna próxima, desde unha pedagoxía do lecer baseada na educación en igualdade e hábitos saudables.

O Gondoverán continuará durante todo o mes de xullo en horario de 09.00 a 14.00 horas, con posibilidade de incorporación de 8:00 a 9:00 e de saída de 14:00 a en 15:00, o CEIP Chano Piñeiro.

Ademais hoxe tamén comezou en Vilaza un campamento infantil de verán ao que tamén acudiu a primeira hora da mañá o alcalde Paco Ferreira.