Denuncian o afundimento e mal emparchado do camiño de acceso á Paraboa en Chaín..

Imprimir
acceso paraboa
acceso paraboa2
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Dende Gondomar Concello Aberto (GCA) denuncian a situación de indefensión fronte o Concello que viven os vecinos e veciñas de Paraboa (Chaín) e os barrios da zona por mor do perigoso estado da estrada en pendente que fai de acceso aos seus barrios dende a estrada Gondomar-Vincios. Advirten da existencia de varias denuncias da veciñanza da Paraboa presentadas no rexistro municipal sobre o mal estado da estrada, "que coa choiva afundiuse pola pendente lateral que linda coa empresa Hormingones Gondomar", sinalan.

A colocación dunha tela de plástico que "non arranxa nin reduce o problema, e facer a vía de dirección única mentres a estrada vai perdendo metros", foi a única reacción da administración segundo GCA. Por riba, a estrada xa cedeu e precipitouse pola pendente, "decatámonos de que alguén botou formigón e entullo para 'parchear', pero lonxe de arranxar a problemática, isto só empeorou as situación, xa que todo ese formigón cedeu xunto parte de estrada, rematando no monte ao lado da mesma", explican os denunciantes.

Denuncian a falta de vontade política do Concello, "que sendo coñecedor da situación non foi quén de artellar ningunha solución nunha estrada competencia súa ,nin tampouco foi quén de por medidas de protección ante o perigo de afudimento. Ademáis é responsable directo do entullo que agora atópase no monte a carón da estrada, por acción ou omisión", sinalan.