Un aterramento ilegal de escombreiras ocupa o fondo do falido tanque de tormenta en Gondomar.

Imprimir
escombreira-as-garzas

A maiores, o edil nacionalista non adscrito,Pauliño del Río, autor da denuncia, sinala a existencia dunha canle de augas fecais que dende ese espazo fronte á urbanización As Garzas, vai desembocar no río Miñor co conseguinte perigo á saúde pública, a mais das molestias dos cheiros a veciños e viandantes.
"Hai uns días venderon (o goberno de Gondomar) a 'bombo e platillo' a solución ao famoso 'Tanque de Tormentas', problema que eles mesmos crearon en comandita coa Xunta de Galicia, anunciando que ante a pasividade da administración autonómica, procedían ao aterramento do mesmo. Era un novo timo á cidadanía", acusa o edil nacionalista.


"En realidade o que estaban a facer era botar a terra e cascallos procedente dunha escavación do Parque das Cercas, onde van construír unhas pista de tenis, dous metros por debaixo do nivel do río, evitando así custes a empresa encargada da mesma", afirma del Río
Engade que o goberno municipal non so non solucionou o problema, senón que botaron escombros "sen ningún tipo de control nin autorización". Por riba a "escombreira descorre un río de augas fecais, a vista de quen queira velo, de máis de cincuenta metros de longo e que descorre cara ao río", sinala.
"É incomprensible que unha actuación das administracións públicas, a autonómica e a municipal, produzan un problema de insalubridade que leva meses sen solucionarse. Ou é que nada ten que dicir sobre este escandaloso tema Augas de Galicia ou o Goberno Municipal, mesmo a Consellaría de Sanidade?", pregunta.