Josué Villar, actual coordinador de Esquerda Unida en Gondomar encabezará a candidatura do partido instrumental Gondomar Concello Aberto (GCA), tras ser o postulante máis votado nas primarias celebradas o pasado martes. Se ben a candidatura aínda non será oficializada até que rematen os traballos de controis da comisión electoral da agrupación, xa pode adiantarese que o alcaldable será Villar. Na mesma elección confirmouse o respaldo á profesora Pura González Martínez como candidata á Entidade Local de Morgadáns.
Resultados das votacións.
Segundo datos achegados pola comisión electoral de GCA, foron emitidos 389 votos nas primarias para o concello, Â dos cales resultaron válidos 385 e nulos 4. Por outra banda, na furna para a elección da candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns emitíronse 262 votos, dos cales 259 foron válidos e 3 nulos.
Despois do reconto efectuado na madrugada deste mércores, os resultados acadados, considerando o sistema de adxudicación de puntos establecido no Regulamento de Primarias de GCA foron os seguintes:
               Candidatura ao Concello:
1 | Villar | Ballesteros | Josué | 179,55 |
2 | Del Río | Iglesias | Pauliño | 99,87 |
3 | Varela | Rodríguez | Jimena | 78,00 |
4 | Cachaza | Valeiro | Margarita | 74,15 |
5 | Fortes | Torres | Manuel Anxo | 42,22 |
6 | Araújo | Nores | Jesús | 39,77 |
7 | Rodríguez | Areal | Fátima | 36,72 |
8 | Suárez | Amarelo | Elisa | 35,68 |
9 | Nande | Domínguez | Borja | 33,47 |
10 | Valenzuela | Amorín | Ana | 28,10 |
11 | Vázquez | Carrera | Lydia | 26,02 |
12 | Dominguez | Magalhaes | Delvino | 24,50 |
13 | Núñez | Martínez | Beatriz | 23,37 |
14 | Otero | Dacosta | Tereixa | 21,75 |
15 | Vicente | Álvarez | Andrés | 20,95 |
16 | Andión | Rodríguez | Nuria | 19,05 |
17 | Iglesias | Piñeiro | Ramiro | 16,52 |
18 | Suárez | Amarelo | Marila | 14,08 |
19 | Carrera | Rodríguez | Fita | 12,57 |
20 | Iglesias | Gonzalez | Irene | 10,92 |
21 | Comesaña | Figueiras | Xose Marcial | 9,37 |
22 | López | Alén | Olga | 9,23 |
23 | Ceballos | Rivera | Ángeles | 9,13 |
24 | Rial | González | Modesto | 7,52 |
25 | Rodríguez | Vega | Rexina | 7,13 |
26 | Barciela | Garrido | Montserrat | 6,98 |
27 | Bouza | Rey | Jesús | 6,75 |
28 | Ojea | Mateos | Andrea | 6,65 |
29 | Veiro | Suárez | Brais | 6,42 |
30 | García | Lago | Catuxa | 4,83 |
31 | Taladriz | Cobas | Pilar | 2,47 |
               Candidatura á Entidade Local Menor de Morgadáns:
                               1. Pura González Martínez: 259 puntos