Nacionalistas esixen ao equipo de goberno de Gondomar que devolvan dos seus petos 232 mil euros.

Imprimir
pleno gondomar set 2013

Nacionalistas piden a dimisión do equipo de goberno de Gondomar e a devolución de 232.000 mil euros dos seus petos.
Responsabilizan aos concelleiros do bipartito PP-CDL de realizar unha operación de crédito por valor de 1.657,261,82€, en maio de 2012 innecesaria polo cal agora as arcas municipais deben enfrontar o pagos deses xuros.
A operación foi desenvolvida para pagar facturas pendentes de provedores, e segundo explican os nacionalistas, o Concello tiña un remanente de tesourería suficiente nesas datas para pagar directamente.


O tema foi motivo de debate no pleno celebrado este xoves, no que o goberno de Gondomar levou a aprobación unha modificación de crédito por valor de 1.605.472,39€ ca fin de amortizar a devandita débeda. A argumentación oficialista sinalaba que na actualidade o Concello conta cun remanente de tesourería de 3.700.000€, máis outros fondos a prazo fixo, o que posibilita o pagamento.
Pola súa banda, os nacionalistas denuncian que o actual remanente de tesourería é o mesmo que no momento de pedir o crédito. Polo cal preguntan cal foi o motivo para "despilfarrar" máis de 230 mil euros en xuros.
"Dimitan dos seus cargos, e devolvan os cartos dispalfarrados", esixía o edil Antonio Araúxo aos membros do goberno na cesión plenaria. "Non dan a mínima para estar ao fronte dunha administración aunicipal. Deberían ter o mesmo respecto e coidado cos cartos públicos, cartos de todos, que cos seus. Mentres o goberno municipal pretende equilibrar as contas do Concello machacando aos cidadáns a impostos, o sr.Alcalde e o seu equipo despilfarran os cartos públicos sen ningún rubor. Dimitan e devolvan os cartos", clamaba o edil non adscrito nun comunicado emitido este venres.