Nova marquesiña protexe das choivas aos escolares do colexio Serra Vincios, en Gondomar.

Imprimir
Marquesina-instalada-en-Vin

Unha nova marquesiña protexe das inclemencias do tempo aos escolares do colexio Serra Vincios dende a semana pasada. A mesma foi instalada pola concellería de Vías e Obras a solicitude da ANPA do centro así como da concellaría de Educación, segundo da conta o edil gondomareño, Jesús Salgueiro. O concelleiro engade que se están a desenvolver diferentes obras de acondicionamento e instalación destas marquesiñas no municipio, tanto no casco urbano como nas parroquias.


No centro da vila procedeuse á reparación dunha marquesiña que acumulaba auga procedente das choivas, a través dunha rejilla frontal que agora evita o problema. Por outra banda, continúan con obras en diferentes puntos da localidade mediante roce e limpeza "debido á existencia de pintadas en moitas das marquesiña ca fin de preservar e manter en bo estado o mobiliario urbano do municipio", sinala.