Tallan e retiran unha palmeira infectada polo picudo vermello en pleno centro de Gondomar.

Imprimir
retiro palmeira gondomar

A praga do picudo vermello que afecta ás palmeiras da bisbarra dende principios de 2013 xa está instalada en pleno centro da vila de Gondomar.

Na mañá deste luns, operarios do concello colaboraban na retirada dun exemplar enfermo nunha finca localizada a escasos 100 metros da Praza da Paradela, fronte á casa consistorial. Con esta, son xa 5 as palmeiras talladas e retiradas nos últimos sete días neste municipio.

Dende que o picudo foi detectado por primeira vez en Galicia, exactamente na zona da Xunqueira (Borreiros), os técnicos fitosanitarios da Xunta levan ordenada a erradicación depreto de 40 exemplares neste concello, segundo os datos aportados por Juan Carlos González, concelleiro responsable de Medio Ambiente en Gondomar.

Nos próximos días procederase á talla e retirada doutas cinco palmeiras xa certificadas con picudo no municipio.