Os maiores inauguran un espazo propio na planta baixa das antigas escolas de Gondomar.

Imprimir
10525736 10202502302783383 5891435940747553257 n

Unha antiga demanda dos maiores de Gondomar tivo este venres un final feliz. Tras anos na procura dun espazo propio onde desenvolver as súas actividades sociais o Concello de Gondomar cedeulles un espazo acondicionado a tal fin na planta baixa das vellas escolas. Coa presenza de asociados e autoridades do Concello, a Asociación Tercera Juventud, o inaugurou este venres cun encontro onde non faltaron os petiscos e albaricoques.