Eladio Costas advirte que o PXOM de Gondomar deixará 11 vivendas de Borrerios fóra da ordenación.

Imprimir
eladio
Download this file (Cartografias 2012 - 2014.pdf)
  • Anterior
  • 1 of 2
  • Seguinte

Gondomar ten un regato que descorre por unha estrada. Polo menos así sucede nun tramo de 230 metros na versión 2014 dos planos do PXOM de Gondomar que desprazaron a canle do regato da Grova uns 500 metros ao seu paso polo núcleo rural de Borreiros. O edil non adscrito Eladio Costas tras revisar e comparar a versión 2012 da cartografía coa recentemente entregada pola empresa Eptisa, denuncia que esta desviación traza agora un "caprichoso límite de edificación" que deixa agora 11 vivendas fóra da ordenación urbanística a pesar de non atoparse ao borde de ningunha canle.

O concelleiro Costas sinala ademais que a nova cartografía achegada pola empresa redactora trouxo cambiados os números de identificacións dos núcleos rurais. Un troque que "tampouco se chega a entender" sinala o edil, "salvo que sexa para despistar en su correcta localización" aos mesmos, opina. Pon de exemplo que no 2012 figuran, A Valada có nº 0118, Borreiros có nº 0103, San Martiño có nº 0114, O Telleiro có nº 0116, e A Tomada cól nº 0117.
Sen embargo na cartografía do 2014, respectivamente, A Valada nº 0102, Borreiros nº 0104, San Martiño nº 0116, O Telleiro nº 0118 e A Tomada nº 0119, manténdose só a numeración de As Barreiras nº 0406 e O Cruceiro nº 0407.
Para Eladio Costas os erros acumulados "son múltiples, variados, inadmisibles e inxustificables" na versión do documento do PXOM entregado por EPTISA recentemente. PXOM que o goberno municipal de Gondomar pretende someter a aprobación inicial proximamente.

Attachments:
File
Cartografía 2012 - 2014