O voto ponderado do alcalde permite sacar adiante as propostas do goberno no pleno de Gondomar.

Imprimir
pleno-05-06-2014

A aprobación definitiva das ordenanzas fiscais, o plan económico financeiro (2014-2015) e mais a autorización da corporación para pagar máis de 100 mil euros en facturas atrasadas a provedores, foi o que conseguiu  sacar adiante o bipartito (PP-CDL) nun pleno onde enfrontaba en minoría á oposición en bloque. A ausencia por problemas de saúde do edil Pauliño del Río (non adscrito), deixou ao goberno e oposición con 8 concelleiros cada un. Polo que o voto ponderado do rexedor Fernando Guitián, inclinou a balanza a favor das iniciativas do goberno.

Na mesma sesión tivo lugar a a probación dunha moción presentada polos nacionalistas non adscritos, para que o Concello de Gondomar inste á Xunta de Galicia e á FEGAMP a que recorran por inconstitucional a Lei de Telecomunicacións aprobada recentemente polo Goberno do Estado.

Todas as incidencias do pleno poden seguirse no seguinte vídeo de Gondomar.tv,  .

Guión:

A aprobación definitiva das ordenanzas fiscais

2º.- Aprobación do plan económico financeiro do concello para os anos 2014-2015.

(0:11:10 – 0:38:30)

3º.- Aprobación extraxudicial de crédito

(0:38:30-0:53:54)

Aprobación da moción nacionalista

(0:53:54-0:57:38)

Rogos e preguntas

(0:53:54-0-1:11:00)

Dim lights Embed Embed this video on your site