Paco Ferreira e Antonio Araújo enfróntanse no pleno de Gondomar e nas redes

Imprimir

pleno-plasticoUn duro enfrontamento viviuse este xoves no pleno de Gondomar entre os portavoces Paco Ferreira (PSOE) e Antonio Araújo (Nacionalista non adscrito) cando o socialista afirmou que o goberno en minoría (PP-CDL) estaba a gañar as votacións grazas a unha nova ausencia do edil nacionalista Pauliño del Río a unha sesión. A resposta de Araújo foi dura e contundente e reproboulle a Ferreira a súa actitude, sabendo que del Río estaba sendo atendido nese intre por unha emerxencia médica.

Paco Ferreira (PSOE) - Entre ausencias e compañía vamos a ter goberno popular para catro anos máis.... e podo dicir que grazas ao grupo municipal socialista se esta proposta –Plan económico financeiro 2014-2015- fora a votación non pasaría. E grazas a outros grupos vai a pasar. Non importa falar antes ou despois, importa como se actua e o que se fai coa política." rematou Ferreira en clara alusión aos nacionalistas.

Antonio Araújo (Nacionalista non adscrito) - Non me gusta entrar en confrontos con compañeiros da oposición, pero hai cousas , Paco,  que non podo deixar pasar por alto. Poñer aquí en cuestión a honorabilidade e o traballo de un compañeiro como é Pauliño del Río me parece impresentable. O compañeiro non está presente porque está enfermo, grave. Eu non lle desexo a ninguén que pase polo que el está pasando. Eu pido por favor un pouco de respecto. Por favor!

 Mais a cousa non quedou alí. En tempo real e mentres se producía o debate no pleno, Ferreira colgou no seu perfil persoal en Facebook a mesma crítica xerando outra polémica na que ademais de Araújo –que tamén respondeulle alí –  intercedía un coñecido militantes do PP de Gondomar.

Paco Ferreira non é a primeira vez que fai pública a súa molestia pola perda de votacións da oposición ante o goberno bipartito pola ausencia de edís nacionalistas. E tampouco que utilice a súa  conta persoal na rede como canle. O pasado 13 de maio e tras o pleno no que o goberno local lograra sacar adiante as contas municipais que a oposición quería desbotar, o socialista publicaba: PP-CDL aprueban el presupuesto gracias a la ausencia del concejal non adscrito(s) Pauliño del Río. Lamentamos su ausencia por segunda vez en asuntos cruciales de ámbito municipal y esperamos su pronta recuperación”. 

Pola súa banda, e tras finalizar o pleno, Araújo tamén facendo uso da rede Facebook lamentou o “menudo papelón” do voceiro socialista a quen acusou de confundir o “inimigo político”. O nacionalista  engadiu que “Por sorte a veciñanza de Gondomar, que é moi intelixente, sabe distinguir o traballo político coherente deste compañeiro nacionalista, do sabor da carroña que tanto lle gusta a Paco. Non hai máis que ver como che aplaude a extrema dereita de Gondomará estas cousas. Patético !!!!!”