#Gondomar: Os refachos provocan a caída dunha rama que corta o paso peonil na Ponte de Rosas.

Imprimir
CAM00074

Por mor dos refachos deste xoves unha rama de abundante follaxe está a obstruír a pasaxe peonil na Ponte de Rosas . O incidente está a provocar inconvenientes aos viandantes que utilizan este transitado paseo polo río Miñor que une a Paradela (centro da vila) coa zona de Campo da Feira e as parroquias de Mañufe e Vilaza. Sendo a única ponte que cruza o río a esa altura, as persoas que non atopan aviso algún cando emprenden o percorrido polo paseo deben dar a volta no medio da treboada e circunvalar pola Avenida Elduayen cara á Avenida Campo da Feira.