A Xunta autorizará oficialmente este xoves a construción do novo centro de saúde de Gondomar.

Imprimir
novos centros saude

Así o adiantou este mércores o presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo na sesión plenaria do Parlamento de Galicia. O novo Centro de Saúde de Gondomar se localizará na Rúa das Ánimas e  terá un prazo de execución de 15 meses e contará cun orzamento de 2:7 millóns de euros. Así mesmo, avanzou que "proximamente" impulsará o do centro sanitario de Panxón.

Segundo o estimado no documento licitado, o novo centro contará con 14 consultas médicas das cales 12 serán xenéricas e dúas pediátricas. O novo edificio ocupará unha superficie superior aos 1.600 metros cadrados e contará cun traballador social, e varias salas polivalentes nas que se ofrecerán servizos sanitarios á poboación de Gondomar.
Co respecto ao centro de saúde de Panxón, o presidente autonómico avanzou que no transcurso do verán está prevista o "impulso" das obras no centro de saúde de Panxón.