#Gondomar abre liña de axudas para materiais de educación infantil cara o curso 2014-2015.

Imprimir
mater.escolar

O Concello de Gondomar abre o prazo de presentación de solicitudes de Emerxencia Social para a adquisición de material escolar de Educación Infantil para o curso 2014-2015. As familias interesadas poden recoller e presentar as solicitudes no Departamento de Benestar Social do Concello ata o 16 de xuño preferentemente
Estas axudas deberán solicitarse de acordo cos requisitos establecidos na Ordenanza de Emerxencia Social do Concello, xa que están destinadas a familias con escasos recursos económicos.