Inscricións abertas para un obradoiro de técnicas na pescuda de emprego para mozas e mozos de Gondomar.

Imprimir
casadacultura

Tódolos menores de 30 anos que figuren entre os 1.783 desempregados rexistrados no Concello de Gondomar, máis os que estean "fora de rexistro", poderán anotarse nun obradoiro para mellorar as técnicas na pescuda de emprego. O mesmo será desenvolvido por persoal da Xunta de Galicia no marco do programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

 

Durante dúas horas persoal da Xunta tratará temas como o posible mercado laboral xuvenil, Programa Emprende da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, a importancia do Cv, uso da carta de presentación, como enfrontarse a unha entrevista de traballo, análises DAFo.

Para anotarse no obradoiro se debe pasar pola OMIX de Gondomar (Casa da Cultura), entidade que colaborará na xestión do mesmo. Os requisitos, ademais de non ter emprego na actualidade é ser menor de 30 e maior de 16 anos. A OMIX pon a disposición dos interesados un teléfono de información: 986.369.746