Augas de Galicia recibe un plan de actuacións contra as inundacións en Gondomar.

Imprimir
gondomar-riada

O Concello de Gondomar presentou un anteproxecto a Augas de Galicia co fin de paliar os efectos das crecidas no casco urbano da vila. As principais actuacións previstas son a ampliación da ponte da circunvalación a seu paso polo río Miñor, así como a subsanación dos recheos nas inmediacións do campo de fútbol de As Cercas.

 

Ata que o devandito proxecto se materialice e consiga a respectivas canles de financiamento, Francisco Ménedez, presidente do ente autonómico, comprometeu a elaboración dun protocolo de actuación urxente nos causes dos ríos Zamans e Miñor para evitar cas inundacións, en caso de que se produzan non sexan tan "agresivas" como as sufridas recentemente no municipio.

Menéndez, conveu co alcalde Fernando Guitián, que cando o Concello detecte a necesidade de actuacións de urxencia, se avise a Augas de Galicia para que realice a limpeza dos ríos por seus propios medios, ou asistindo cos seus técnicos cando a intervención se desenvolva con persoal do municipio.

Durante a reunión mantida esta tarde entre ambas autoridades, informouse que o proxecto será exposto ante os grupos políticos da oposición como dos veciños de Gondomar.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site