IXG insta ao goberno a fixar de forma urxente un pleno para a aprobación inicial do PXOM de Gondomar.

Imprimir
Iniciativa Por Gondomar reclama a aprobación inicial do PXOM.

O grupo Iniciativa por Gondomar (IXG) está á espera de que o goberno do popular Fernando Guitián cite ao pleno para a aprobación inicial do Plan Xeral de Ordenamento Municipal (PXOM). O grupo representado na actual corporación polo concelleiro Manuel Gómez (ex concelleiro de Vía e Obras 2009 - 2011), lembra aos actuais responsables do goberno municipal que " o mesmo, atópase con todos os informes preceptivos e o documento adaptado ás directrices da Secretaría Xeral do Territorio e Ordenación, tras a reunión mantida no seu día cos técnicos da Xunta." A xestión desta documentación estivo en mans do anterior concelleiro de Urbanismo , Alfonso De Lis (IXG), durante o mandato do ex alcalde de Gondomar Martín Urgal (PP), e quedou a piques da súa primeira aprobación antes do cambio de goberno.

O concelleiro Manuel Gómez sinala que debido á transcendencia do tema "e necesidade que Gondomar canto antes teña o aprobado definitivamente o seu plan" polo que afirma que se "instará ao goberno para a súa urxente convocatoria dun pleno extraordinario onde se aprobe inicialmente o mesmo e pase a exposición pública."

A agrupación reunida o pasado sábado 2 de xuño, manifestou estar " á espera de que por parte do goberno convóquese o pleno organizativo desta Corporación", a que deberá realizarse antes do vindeiro 18 de xullo.

IXG a través dun comunicado público anuncia que manterá "unha actitude construtiva" e que apoiará "todo aquilo que redunde en beneficio da cidadanía de Gondomar, non renunciado en promover todo tipo de iniciativa encamiñada a ese fin e tratar de levar adiante o noso programa electoral por ser realista coa necesidades do noso concello e á hora de afrontalo nestes tempos de crises".

Na devandita xuntanza do pasado 2 de xuño asistiron preto de 200 compoñentes entre afiliados e simpatizantes informaron dende IXG. Na oportunidade aproveitouse a compartir unha merenda- cea de confraternidade nunha finca particular.