Un investimento de un millón de euros recibirá o campo de fútbol da parroquia de Chaín, Gondomar.

Imprimir
casadacultura

A Deputación de Pontevedra firmou un convenio co Concello de Gondomar para a equipación e colocación dun piso sintético no campo de fútbol da Parroquia de Chaín, Gondomar. A inversión por 1 millón de euros podería ademais, incluir a mellora do camiño que comunica o devandito centro deportivo coa estrada Vincios - Couso, para permitir o ingreso dos autobuses e unha circulación máis fluída que a que permite o actual vial.

O 75% do investimento o cubrirá a Deputación e o resto o Concello de Gondomar. Na firma do convenio, realizada na Casa da Cultura de Gondomar estiveron presentes o Alcalde Martín Urgal, o presidente da Deputación Rafael Louzán, o deputado Sotelo, o presidente do Club Chaín e o concelleiro de Urbanismo de Gondomar, Alfonso de Lis.