Nova delegación de atribucións do alcalde de Gondomar no concelleiro Alfonso de Lis.

Imprimir
Concello de Gondomar
O alcalde de Gondomar Martín Urgal delegou  as atribucións relativas á tramitación dos certificados de empadroamento  no concelleiro e 1º Tenente de Alcalde Alfonso de Lis. A coñecida situación pola que atravesa o rexedor municipal que non desenvolve o seu cargo en condición de dedicación exclusiva, levou a esta resolución tomada en fecha 14 de outubro de 2010 e que entra hoxe en vigor.

O anuncio desta resolución publicado no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra di que: "Dita delegación afecta as atribucións consistentes en ordenar a expedición da devandita  certificación e dar o visto e prace nas mesmas para significar que o secretario o funcionario que as expide e autoriza atopase no exercicio do seu cargo e que a súa sinatura é auténtica."

A medida fundaméntase, segundo a resolución, na necesidade de "auxiliar a tramitación dos devanditos certificados de empadroamento para acurtar os prazos da tramitación dos mesmos e permitir, de ser posible polo funcionario do servizo administrativo correspondente, a expedición dos mesmos na mesma data da súa solicitude."