Unión Fenosa cualifica de "normal" o corte de luz que durou dez horas.

Imprimir
En Gondomar, 2500 fogares quedaron sen luz coincidindo coas primeiras choivas de outono. Houbo dous apagóns en menos de 24h por un problema nas liñas entretransformadores en Peitieiros. A culpa parece ser, de varios fusibles queimados. Por outra banda, Unión Fenosa cualifica de "normal" o corte de luz que durou dez horas. Ver video TVG

Fenosa cualifica de "normal" estes cortes de luz achacando as incidencias "as precipitacións arrastras maleza que danan as liñas", malia que en Gondomar o corte se producise por mor de varios fusibles queimados.

30 horas sen suministro.

Os veciños denuncian que non é un problema puntual, "isto ocorre todos os invernos". Veciños das parroquias de Vilaza, Morgadán, Peitieros e  Chaín recordan cortes como o de novembro de 2003 onde estiveron máis de 30 horas sen luz. Daquela os veciños expresaban o seu maletas porque a compañía eléctrica non lles explicaba as causas do fallo nin cando podría solucionarse.

 O concellal de facenda e portavoz do BNG Pauliño del Río animou onte aos veciños afectados a que presenten as pertinenter reclamacións.

 

Segundo publica á Voz de Galicia O PP de Gondomar presentará no próximo pleno unha moción para instar ao goberno local a que xestione a mellora da rede eléctrica do municipio, logo dos cortes de subministración que sufriron centos de veciños a principios desta semana.

O portavoz do grupo municipal, Carlos Silva, recorda ao alcalde que era un tema prioritario durante o seu mandato, polo que mantiveron varios encontros con responsables de Unión Fenosa. Silva solicita ao rexedor que dea conta de se tivo algún contacto con esta compañía para intentar evitar que se repitan os cortes de subministración.

O PP tamén pregunta ao BNG se os orzamentos da Xunta do ano que vén contemplan algunha partida para o saneamento de Gondomar despois de que a consellería de Medio Rural retirase este ano o investimento de 196.000 euros prevista nos lugares de Caxide e As Razas.