Esta mañá os servizos de urxencias sanitarias tiveron que desprazarse ata Gondomar onde unha muller de 18 anos sufría feridas leves despois de que o seu coche chocase cunha vaca. Ocorreu ao redor das 06.00 horas na estrada que une Gondomar e O Porriño, á altura de Vincios. Tras a valoración médica e a asistencia da ambulancia que se desprazou ata o lugar do accidente, a moza tivo que ser desprazada a un centro hospitalario vigués.
Continúa en
La Voz de Galicia