O BNG chama "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin en Gondomar.

Imprimir
acto-bng-gondomar

O Bloque Nacionalista Galego pediu o voto dos cidadáns miñoranos para "botar ao PP da Xunta e mudar as políticas de recorte", no mitin celebrado onte na Casa da Cultura de Gondomar. O cabeza de lista do BNG por Pontevedra, Carlos Aymerich, defendeu que só hai un camiño: "depositando a confianza no Bloque Nacionalista Galego o vindeiro 21 de outubro". Na súa intervención asegurou que o BNG "nunca favorecerá os recortes, como fan outras forzas políticas en Andalucía ou Estremadura",en directa alusión ao PSOE e Esquerda Unida.

Aymercih participou nunha charla-coloquio na que tamén interviñeron, entre outras, a candidata do BNG pola comarca, Marta Dacosta, e o portavoz nacional Guillerme Vázquez.

Durante a súa intervención, Guillerme Vázquez afirmou que "o día 21 hai dúas alternativas, ou apostar por Feijóo, por máis do mesmo, que coas súas políticas nos leva ao desastre económico e a que a maioría da sociedade se empobreza, ou apostar polo BNG, que é o voto da esperanza, do dereito humano a vivir e traballar en Galiza con dignidade".

"Precisamos un goberno na Xunta que defenda a Galiza e á súa xente e ese goberno só pode vir da man do BNG", suliñou.