Galicia decide o seu futuro: comezou a campaña do 21-O no Val Miñor.

Imprimir
IMG 0517
IMG 0495
IMG 0514
IMG 0502
IMG 0525
IMG 0534
  • Anterior
  • 1 of 6
  • Seguinte

Ás 0 horas deste venres 5 de outubro deu comezo oficialmente a campaña cara ás eleccións do 21 de outubro en Galicia. Unha contenda electoral que chega con case 260 mil parados na autonomía e 4.592 na bisbarra do Val Miñor. A partir de hoxe centos de mitins se desenvolverán por parte dos partidos políticos co xeito de convencer á cidadanía dos proxectos que pensan desenvolver co seu voto nos vindeiros catro anos. No Val Miñor, a campaña do 21-0 comezou coa tradicional pegada de carteis e colocación de pancartas nas rúas.

 

En Gondomar, ás 0:05 horas, baixo a mirada atenta do alcalde Fernando Guitián, o equipo de pegatineiros do Partido Popular colocou o primeiro cartel coa faciana de Alberto Núñez Feijóo na Praza da Paradela. Minutos despois, foi o Centro Democrático Liberal quen ocupou o espazo asinado a "outros partidos", na carteleira da praza, estes coa imaxe de José Palacín. Finalmente e con poucos minutos de diferenza foi o BNG quen despregou a imaxe de Carlos Aymerich no centro de Gondomar. Alternativa Galega de Esquerda (EU-ANOVA), decidiu comezar polas parroquias do interior do municipio. Nelas xa están os carteis da coalición coas imaxes de Xosé Manuel Beiras (ANOVA) e Yolanda Díaz (EU). A xornada transcorreu con total normalidade na praza situada fronte á Casa Consistorial.

Valminor.info, achegará nos vindeiros días os programas e candidaturas que pola provincia de Pontevedra se están a presentar nos comicios do 21-O. Unha contenda na que participan numerosos miñoranos nas diferentes listas.