Venres, 29 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Especiais Eleccións 21-O José Palacín: "O CDL non é un partido minoritario porque as súas propostas están asumidas pola maioría"

José Palacín: "O CDL non é un partido minoritario porque as súas propostas están asumidas pola maioría"

Correo-e Imprimir PDF
jose-palacin

Este sábado pola tarde tivo lugar a presentación das propostas electorais do Centro Democrático Liberal (DCL) cara ás eleccións autonómicas do vindeiro 21 de outubro. O acto tivo lugar no Centro Neural de Gondomar coa presenza de máis dun centenar de seguidores. Natalia Salgueiro (Gondomar), Xermán Cordero (A Guardia), Emily Vicente (Tomiño), Darío Dos Santos (Gondomar) e máis María José García (Vigo), presentaron as diversas iniciativas centristas nos eidos municipal, social, rural, e político, cara a obter o respaldo da cidadanía nas urnas. José Palacín, presidente federal do CDL e candidato á presidencia da Xunta, pechou a xuntanza cun aberto chamado á participación dos cidadáns nos comicios.

  Dim lights Embed Embed this video on your site  Logo dunha presentación da concelleira gondomareña Natalia Salgueiro das políticas municipais desenvolvidas polo CDL nos diversos concellos nos que ten representación, o gardés, Xermán Cordero salientou as carencias que en materia de política social caracterizan ao actual goberno autonómico do PP. A tomiñesa Emily Vicente centrou a súa participación na necesidade de novas políticas que atendan á actividade rural pola súa importancia nas economías familiares. Nomeadamente responsabilizou aos baixos prezos dos produtos agrícolas e leiteiros, así como ás deficiencias nas negociacións do goberno español na UE, da desmotivación da xente para envorcarse á actividade rural.

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Seguidamente, María José García, actual Presidenta do CDL Vigo criticou os privilexios da "casta política", e afirmou que "algunhas deputacións semellan monarquías hereditarias".

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

 

Dim lights Embed Embed this video on your site

Pechou o acto José Palacín (candidato nº1 por Pontevedra) quen defendeu que o Centro Democrático Liberal non é un partido minoritario posto que as súas ideas e propostas son "asumidas por unha inmensa maioría da cidadanía, só hai que facelas visibles á sociedade civil".

Explico que hai que devolver á cidadanía o "protagonismo do seu destino" porque a día de hoxe o futuro das persoas está en mans dos "mercados inhumanos e da partidocracia incongruente".

Palacín acusou a Mariano Rajoy de meter "ao lobo da Trioka en casa" coa escusa do rescate das entidades financeiras e que a acción deste organismo está encamiñada a controlar as contas do Estado e que isto acabará "afectando ás nosas vidas a través da liquidación da sociedade do benestar".

Pero sobre todo tivo palabras moi enérxicas para moitas das áreas de xestión do PP e o anterior bipartito á fronte da Xunta. Nese senso e como contrapartida expuxo as propostas do CDL en ordenación territorial, sanidade, educación, medio ambiente, calidade democrática e economía. Finalmente chamou aos galegos a participar decididamente no acto electoral, única forma -resaltou- de darlle sentido á democracia.