VALMINOR.INFO 3.0 - Estamos en contínuo movemento e precisamos da túa colaboración

Imprimir

Estimado lector/a:

O motivo desta nota é informarte do comezo dunha nova etapa en valminor.info da que gostaría que formases parte activa.
No verán do 2002 valminor.info iniciou a súa actividade en internet buscando ser un punto de referencia, información e de encontro sobre a actualidade e información do Val Miñor.

Como algúns sabedes, valminor.info naceu dunha iniciativa persoal propia de aportar ao Val Miñor unha canle de comunicación de seu para dar cabida a toda a información da bisbarra, recollendo a actualidade publicada nos medios tradicionais e engadindo a oportunidade de que os lectores poideran aportar información e opinar sobre o devir dos acontecementos da contorna, como actores en primeira persoa que somos da vida miñorán.

Cunha clara vocación de ferramenta social e cidadán de comunicación, valminor.info foi pioneiro na creación dun punto de encontro en internet, un foro de opinión que permitiu a participación activa das e dos miñoráns nos temas de máxima actualidade aportando información adicional a temas que causaron un gran impacto social e que dun xeito marcaron un punto de inflexion na vida da bisbarra.
Así, valminor.info converteuse en pouco tempo no primeiro medio de referencia online sobre o Val Miñor chegando a acadar en 2006 o Premio Nano Cambeiro de Periodismo polas súa labor.

Durante estes 8 anos de actividade valminor.info fíxose eco de máis de 4.000 artigos, con máis de 3 millóns de visitas, e con máis de 600 lectores e lectoras diarios que seguen a información puntalmente dende non só dende o Val Miñor senon dende todo o territorio español e incluso dende Aleñama, Suiza, Arxentina, Uruguay e Reino Unido entre outros.

Como sabedes valminor.info foi mantido íntegramente por min, adicándolle moitas horas para tentar manter actualizada a información do portal, recollendo as colaboracións de "plumas" amigas como as de Veigacasás, X.M. García Crego, Carlos Méixome, Antonio Valverde, Santiago Márquez, Xilberte Manso, ...  así como investigando na implementación de novas funcionalidades que melloraran a experiencia e a usabilidade do portal.

Deste mesmo xeito, sempre asumín persoalmente todos os gastos de mantemento do servidor que aloxa valminor.info, incrementando nos últimos anos a capacidade e volume de tráfico para poder dar cabida á demanda dos lectores do portal.

En novembro de 2010, e despois de dous anos de parón da actividade do portal, o periodista e amigo Álvaro Peralta contactou comigo para proporme asumir a redación de valminor.info e volver a por en marcha as rotativas virtuais deste portal, pero agora con información de seu.

Partindo dos principios iniciais de nacemento de valminor.info como un canal independente de información cidadá do Val Miñor, en novembro de 2010 arrancamos unha nova edición do portal e establecemos novos contactos cos principais axentes culturais, económicos, sociais, de opinión e políticos da comarca para dar cabida a toda a información e abrir ás portas á pariticpación e colaboración no medio.

Remodelamos o portal e conectamos coas redes sociais (Facebook, Twitter ) inexistentes fai 8 anos, para abrir estes novos canles de comunicación imprescindibles na actualidade, e ter así unha achega directa cos nosos lectores. Unha comunidade virtual que cada día crece máis e que nos permite poder informar con máis facilidade e puntualidade.

Por outra banda, as novas tecnoloxías e a chegada de internet aos teléfonos móbiles obrigounos a adaptar o portal para dar acollida e esta nova forma de acceso á información.


Valminor.info 3.0 - Chegou o momento

Queremos crecer e mellorar os servizos e a  información que ofrecemos diariamente aos nosos lectores e lectoras. Sabemos cómo facelo, pero non podemos sen a túa colaboración.

Por que é preciso a túa colaboración? 


Que ofrecemos a cambio?


Cómo podes colaborar económicamente?

Calquera axuda, por pequena que sexa, e moi grande para o funcionamento do portal.
Podes colaborar dos xeito que prefiras.


Novamente grazas anticipadas polo teu tempo e colaboración
Estamos en contacto.
Un saúdo atento


Pedro Telmo

Director de valminor.info
Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo
www.valminor.info