O PP mantén a maioría absoluta en #Baiona pero só supera nun concelleiro aos grupos de esquerda.

Imprimir
Jesus Vazquez Almuina revalida a súa maioría | Imaxe Roi Gonzalez

"Isto é un avance histórico de toda a esquerda! asegura Rafel Lores, secretario xeral do PSOE que volve a acceder á corporación de Baiona como edil. O PSOE mantén os 4 concelleiros, o BNG e Esquerda Unida acadan 2 concelleiros cada un. Uns resultados que non logran cambiar o goberno do PP de Jesús Almuiña que quedou a 126 votos de revalidar os 10 concelleiros.

Aínda que o PP manterá o goberno municipal con 9 concelleiros a suma dos votos da esquerda o colocan nunha posición menos cómoda. Silvano Montes non ocultaba a súa alegría tras acadar 2 cadeiras na futura corporación de Baiona para o seu grupo Esquerda Unida. "É hora de traballar", salientaba o novo edil baionés, quen presentábase por primeira vez aos comicios e conseguen

Para Xosé Marcote, do BNG, agora o PP deberá entender que hai unha forza alternativa coa que deberá dialogar. Para o nacionalista, o BNG acada unha votación moi aceptable mantendo o apoio dos veciños do muncipio.

Rafael Lores, valorou como "histórica" a xornada, lembrou que hai un ano os socialistas nin sequera tiñan xestora local, e que "a forza de traballo o novo equipo logrou manter as mesmas cadeiras na corporación".