Guillerme Vázquez e Manuela Pumar intervirán no peche de campaña do BNG en #Gondomar.

Imprimir
550px2015FOTO BNG

-O BNG-Asembleas Abertas pecha a campaña o xoves día 21 de maio, ás 20:30 h, no auditorio Lois Tobío de Gondomar.
-A candidata á alcaldía, Manuela R. Pumar, exporá aos presentes os eixos fundamentais do programa do BNG-Asembleas Abertas (BNG-AA)


O BNG-AA pechará a campaña este xoves 21 de maio cun acto público aberto no Auditorio Municipal Lois Tobío en Gondomar. Será a partir das 20:30h e no acto repasarase o traballo realizado dende principio de ano, encamiñado á consecución da candidatura e programa electoral. "Contactos con persoas independentes e sectores para recoller as súas demandas", sinalan dende a formación nacionalista. A candidatura conta con cinco persoas independentes e o programa co eixo fundamental de conseguir "un concello transparente e aberto á participación veciñal na vida municipal".
No acto intervirán Guillerme Vázquez, Presidente da Fundación Galiza Sempre, e a candidata á alcaldía do BNG-Asembleas Abertas de Gondomar, Manuela R. Pumar. Contará tamén coa intervención dos candidatos independentes, ademais dunha proxección audiovisual e dunha interpretación musical.
A candidatura do BNG-AA convida ao conxunto da veciñanza a participar deste acto no que poderán facer as achegas que consideren de interese para o futuro de Gondomar.