Presentación pública en Panxón da candidatura do BNG – Asembleas Abertas de Nigrán

Imprimir
candidaturanigran

Este xoves terá luar en Panxón a presentación da candidatura do B NG-Asembleas Abertas que postula ao actual concelleiro Xavier Rodríguez á alcaldía de Nigrán. O acto contará coa participación da deputada do Bloque, Montse Prado, a ex alcaldabel Cristina Fernández e Adrian Rey. Será ás 20:30 horas na Asociaión de Veciños de Monteferro, situada na Praza Mestra Manuela, número 4 en A Porterira.

Adianta a agrupación nacionalista que o acto será introducido por Cristina Fernández Piñeiro, quen encabezou a lista do BNG nas eleccións de 2011 e pecha agora a candidatura, "como forma de testimoniar o seu total apoio e compromiso con este proxecto".

A continuación intervirá Adrián Rey, número dous da lista, de 34 anos, veciño da Ramallosa aínda que nacido en Priegue.

Deseguido, interivrá Montse Prado, deputada do BNG no Parlamento Galego, no que desempeña a portavocía nacionalista de sanidade.

Finalmente pechará o acto o candidato á alcaldía Xavier Rodríguez, quen foi o portavoz municipal do BNG durante o mandato que agora remata, e que fará a presentación da totalidade da candidatura.