NIGR�N organiza unha ruta de sendeirismo ó Aloia para os pequenos

Imprimir

A concellalía de Xuventude do Concello de Nigrán organizou para o próximo sábado, 17 de setembro, unha nova ruta de sendeirismo para nenos de entre 6 e 10 anos de idade.

A saída será ás 10 da mañá desde a secretaria de Turismo Dunas de Gaifar, xunto ás pistas de tenis municipais de Panxón, dende onde se partirá en autobús ao Monte Aloia.

A rota, que é gratuita, estará guiada por persoal especializado e na mesma se realizará unha visita ao centro de interpretación do Monte Aloia ademais dunha visita guiada pola zona.

O regreso a Nigrán será ás duas da tarde, ao mesmo lugar do ponto de saída. Desde a organización recomendase levar roupa e calzado cómodo, ademais de auga e un bocadillo.