Mércores, 24 Apr. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

Curso de cestería organizado pola Asociación Chandebrito 1807.

Correo-e Imprimir PDF

Curso-cesteria-Chandebrito-A Asociación Veciñal e Cultural "Chandebrito 1807", convoca un novo curso avanzado de cestería a cargo do mestre cesteiro Rubén Berto Covelo. O curso comezará o luns 22 de abril e se desenvolverá no seu local social, na escola de preescolar da parroquia de Chandebrito, durante oito luns consecutivos en horario de 18.30 a 21.30 horas.

“Unha volta polo mundo”, exposición fotográfica na escola de preescolar de Chandebrito.

Correo-e Imprimir PDF

Este fin de semana pasado, a Asociación "Chandebrito 1807" inaugurou unha exposición de fotografías tomadas por dous veciños da parroquia de Chan de Brito, que permanecerá aberta durante dous meses no baixo da escola de preescolar de Chandebrito, e que se poderá visitar os luns de 17.00 a 19.00 horas, os mércores de 19.30 a 21.30, ou ben chamando ao teléfono 667 380 223.

A Serra da Groba ameazada por unha nova explotación aurífera.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-01A febre do ouro ameza a Serra da Groba. Un novo proxecto de minería aurífera quere aterrar no enclave na parroquia de Pinzás (Tomiño) no límite con Gondomar. A empresa Medgold conta xa cun permiso de exploración. A zona afectada conta con numerosos xacementos paleolíticos, megalíticos e calcolíticos, entre eles os xacementos arqueolóxicos de Chan do Cereixo e a mina romana do Burato dos Mouros. A empresa ten sede en Vancuver e Londres.

O Centro de Información á Muller abre inscricións para un curso de Office en Gondomar

Correo-e Imprimir PDF

casadacultura- Desenvolverase entre os días 2 e 30 de maio

-As inscricións, de carácter gratuíto, poderanse formalizar ata o 25 de abril nas dependencias do CIM

Obradoiro de xoguetes musicais na cooperativa Nornas Hostel en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

obradoiros-Nornas- O obradoiro terá lugar o día 14 de Abril de 11:30 a 14:00 horas.

- Para inscribirse hai que chamar ao 986363604 ou ben enviar un mail a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo

Curso de empaquetado creativo en Baiona.

Correo-e Imprimir PDF

navidad-envuelva-sus-regalos-en-otros-regalosA Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) do Concello de Baiona, organiza un obradoiro de Empaquetado Creativo para mozos e mozas empadroados en Baiona de 8 horas de duración.

A poetisa Marta Dacosta presentará “Reivindicando a Rosalía” no Café Rañolas de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

ROSALIAEste venres 12 de abril a partir das 20 horas terá lugar o recital poético "Reivindicando a Rosalía" no Café Rañolas de Gondomar. A actividade está organizada pola Asemblea de Mulleres Galiza Nova e contará coa presenza da escritora Marta Dacosta.

Gondomar coñecerá ao seu primeiro “praceiro ou praceira” favorito este venres

Correo-e Imprimir PDF

praza-abasto-gondomar-O próximo sorteo será o 3 de maio

-Mañá venres, día 12, ás 13:00 horas, terá lugar o primeiro sorteo da campaña da Dirección Xeral de Comercio de la Xunta de Galicia "Presume de Praceiro/a".

Oferta de emprego - 10 postos de traballo no Camping O Muiño en Mougás

Correo-e Imprimir PDF

Oferta de emprego no Camping o Muiño en Mougás - OiaO Camping 1ª o Muiño situado na parroquia de Mougás, no concello de Oia, demanda para esta temporada 10 postos de traballo.

Os 10 postos de traballo repártense en: 1 Socorrista (Ref.SOC) , 3 postos de limpeza (Ref. LIM), 3 postos de recepción (Ref. REC), 1 monitor de animación e tempo libre (Ref. ATL), 1 posto de xardineiro/a (Ref. JAR)  e 1 posto de vixiante (Ref. VIG).

Os interesados poden enviar os seus curriculums oa enderezo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo indicando nos asuntos das mensaxes as referencias para as que solicitan o posto.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL