Xoves, 28 Mar. 2024

Actualizado10:50:26 PM GMT

Estás en Canais

A demanda de traballo e a oposición aos recortes socias centran as peticións dos usuarios de Cáritas reflictidos na Memoria Anual de Emprego .

Correo-e Imprimir PDF

caritas empregoAs persoas desempregadas que atenden os servizos de Cáritas demandan un maior compromiso por parte do goberno na políticas de emprego, transparencia na administración e que o control do gasto público "non empece polos servizos básicos dos cidadáns", segundo informou Félix Sánchez, un dos coordinadores da Memoria Anual de Emprego 2012, presentada nesta xornada en Madrid. O informe recolle a testemuña achegada por máis de 80 mil usuarios que no correr do 2012 solicitaron asistencia ou asesoramento ao Equipo de Promoción de Dereitos e Economía Solidaria de Cáritas.

O Goberno pretende reducir o importe das pensións case á metade.

Correo-e Imprimir PDF

O goberno español non ser corta coas pensións.A pretensión do goberno de reducir severamente o importe das pensións quedou ao descuberto tras o informe dado a coñecer onte pola comisión de expertos encargado do seu estudo. Segundo publica o xornal "El Huffington Post", as retribucións dos actuais e futuros xubilados podería caer case á metade do seu valor actual, segundo o cálculo que o ex ministro de traballo Valeriano Gómez fixo para a devandita comisión de expertos. Por riba a idade de xubilación se prolongaría por riba dos 67 anos e as actualizacións das pensións en base ao IPC pasarían á historia.

O Nornas Hostel acollerá a VI edición do “Dar de ler coma quen dá de beber” na Semana do Libro e a Lectura de Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

dar-de-ler- O acto, aberto a quen queira achegarse ao longo da tarde, transcorrerá dende as 20:00 ata ás 22.30 horas no Nornas Hostel.

Dentro da programación da Semana do Libro e a Lectura, Espazo Lectura, en colaboración co Concello de Gondomar, celebra este venres 26 de abril a sexta edición do "Dar de ler coma quen dá de beber", unha sesión de lecturas compartidas en voz alta na que unhas 30 persoas lerán fragmentos de obras escollidas por elas mesmas.

Asemblea aberta en Pinzás contra o perigo de espolio da Serra da Groba.

Correo-e Imprimir PDF

Burato-dos-Mouros-01-O vindeiro venres 26 de abril, ás 19:30 horas no local da Comunidade de Montes de Pinzás, Tomiño, terá lugar unha asemblea aberta convocada polo colectivo SOS GROBA.

A Asociación SOS GROBA convoca para este venres 26 de abril ás 19:30 horas unha asemblea aberta a toda a cidadanía para estudar medidas a prol de defender a Serra da Groba de posibles intervencións mineiras. Ante os recentes anuncios da Xunta de Galicia favorables a autorizar o desenvolvemento de diversos proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais, o colectivo entende que o enclave representa un "tesouro que hai que protexer".

Intensifícanse as protestas do sector do ensino con peches nos centros e mobilizacións en todo o Val Miñor.

Correo-e Imprimir PDF

manifestacion-ies-auga-da-lNove centros de ensino do Val Miñor levarán adiante un peche na tardiña deste xoves 25 de abril en protesta polos recortes orzamentarios que sofre o sector e en rexeitamento da lei de reforma educativa (LOMCE) promovida polo ministro Wert. A medida non afectará o normal desenvolvemento da actividade escolar, segundo comunica a Coordinadora de Centros do Val Miñor, responsable da medida en oito deles. A actividade mobilizará ao persoal docente, pais e nais do alumnado e estudantes maiores de idade.

Ata o 10 de maio poderá solicitarse o pago fraccionado do IBI.

Correo-e Imprimir PDF

centrogondomar-O Concello de Gondomar informa da posibilidade do pago en dous prazos do IBI

-As persoas interesadas poden solicitar este pago fraccionado, ata o 10 de maio.

-A solicitude deste sistema de pagamento poderá facerse en calquera oficina do ORAL ou tamén por correo postal, electrónico e a través da oficina virtual da Deputación

O Centro Goianés organiza un coloquio que afondará na represión do maxisterio durante a ditadura.

Correo-e Imprimir PDF

 

carcelsaturraran-Coloquio “Mestres na memoria”, no Centro Goianés o xoves 25 abril ás 20:30 horas.

José Cortés Fernández, Hipólito Gallego Camarero, Josefa García Segret, Juan Abramo Dios e Antón Alonso Ríos, todos eles exerceron o maxisterio no concello de Tomiño nos anos previos ao golpe militar de 1936. Mestres de conviccións republicanas foron obxectivo inmediato das persecucións ideolóxicas e políticas implantadas pola ditadura de Francisco Franco.

Apoio total da Xunta aos proxectos mineiros

Correo-e Imprimir PDF

Conselleiro de Industria e o Presidente da Xunta - Xunta.esO conselleiro de Industria di que non renunciará a proxectos mineiros "sustentables" das empresas multinacionais porque crean emprego. A oposición denuncia que "regala" o país.

“Poesía e chocolate” para a mocidade que festexa a VI Semana do Libro e a Lectura en Gondomar.

Correo-e Imprimir PDF

 

nenos-coelleira-"Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros", obradoiro de poesía para mozos e mozas na Semana do Libro e a Lectura de Gondomar

O xoves 25 de abril, ás 19:00h, na Biblioteca de Gondomar, o poeta Carlos Negro (gañador do I Premio de Poesía Victoriano Taibo) estará cos mozos e mozas do Comando Le (Espazo Lectura) para conducir un obradoiro co suxestivo título de “Poesía e chocolate: dous praceres intensos e escuros”.

JPAGE_CURRENT_OF_TOTAL