O alumnado do CEIP humberto juanes inaugura o entroido nigranense cun desfile no centro de Nigrán
O alumnado do CEIP Humberto Juanes inaugurou esta mañá o entroido no municipio cun desfile fronte ao edificio novo do Concello de Nigrán. Rapazas e rapaces desfrutaron da festa no centro da localidade lucindo os seus disfraces diante de veciños e dos seus orgullosos proxenitores, ademais de acompañar os seus pasos con distintas cancións.