Roubo de datos deixa ao descuberto máis de 600 perfís de “aventureiros do sexo” no Val Miñor

Imprimir
550anuncio ashley madison 4732 622x

O roubo de información da rede social de contactos extra matrimoniais e "aventuras sexuais" de Ashley Madison, deixa pegada no Val Miñor. Esta empresa que xestiona e promove as “infidelidades matrimoniais” garantizando confidencialidade e anonimato, deixou ao descuberto a información de 286 usuarios en Nigrán, 117 en Baiona e 243 en Gondomar, segundo datos analizados pola empresa madrileña Tecnilógica. O 93% destes usuarios radicados na bisbarra son homes.

Avid Life Media, propietaria de Ashley Madison ofrece 500.000 dólares de recompensa a quen proporcione información sobre o grupo de hackers “Impact Team”.

O filtrado afecta a 30 millóns de usuarios no mundo.

“A vida é curta. Ten unha aventura”.

Baixo o lema “Life is short. Have an affair" (A vida é curta. Ten unha aventura), a rede facilitaba citas entre persoas adultas previo pago polos servizos de contacto. Os servizos incluían tamén a opción de non deixar rastro na rede e borrar todos os datos do usuario por un prezo de 19 dólares. 

“The Impact Team” o grupo de piratas informáticos que se atribúe o ataque manifestou que a intención do seu ataque foi sacar á luz a suposta estafa de 1,7 millóns de dólares realizada pola empresa precisamente neste punto. Nun manifesto publicado xunto coa información roubada, o grupo “hacker' expresa que decidiu publicar os datos como resposta ás supostas mentiras de Avid Life Media (ALM), quen dixo aos seus clientes que borraría completamente os seus perfiles por unha cuota de 19 dólares. ALM é a empresa propietaria de Ashley Madison, así como de Cougar Life e Established Men. Segundo The Impact Team, a empresa nunca eliminou "totalmente" estes perfís, incumprindo o que prometían. Ademais, este “engano” supuxo un ingreso a ALM de 1,7 millóns en 2014.

No comunicado pódese ler: "Os usuarios case sempre pagan con tarxeta de crédito; os datos de compra non desaparecen (faltando ao pactado) e estes inclúen o nome e a dirección dos clientes. Esta é, por suposto, a información máis importante que os usuarios queren eliminar"

Os piratas fixeron público numerosos datos dos usuarios, das súas tarxetas bancarias; incluso das súas preferencias sexuais e mensaxes dos chats privados.

A lista foi publicada na subnet ou "darknet", unha rede paralela a internet á que só se pode acceder mediante determinados programas de enrutamento por capas anónimas como TOR, que utiliza distintos servidores para manter o anonimato na rede.

Top 10 de concellos con maior número de usuarios expostos.

  1. Vigo - 8400 usuarios 
  2. Redondela - 584 usuarios
  3. Cangas - 473 usuarios
  4. Moaña - 301 usuarios
  5. Nigrán - 286 usuarios - 95,45% homes
  6. Gondomar - 243 usuarios -  92,59% homes
  7. Tomiño - 167 usuarios - 
  8. Baiona - 117 usuarios  - 94,87% homes
  9. Porriño - 87 usuarios - 
  10. Tui - 82 usuarios 

37 millóns de afectados e unha recompensa e demanda millonaria

A lista publicada dos datos está a afectar a máis e 37 millóns de usuarios en todo o mundo segundo o blog de seguridade Krebs on Security. Acción que está asociada a polo menos dous suicidios que se están a investigar no Canadá, país onde a empresa pode afrontar unha demanda de 300 millóns de dólares nunha demanda conxunta que xa se está a organizar na rede. Por otra banda a empresa quere paliar a responsabilidade do filtrado de datos e ofrece unha recompensa de 500.000 dólares a quen aporte información dobre "The Impact team".

A privacidade e a seguridade en internet seguen sendo o punto flaco deste canal que manexa xa o día a día de toda a poboación mundial. A polémica está servida

Mapa de número de usuarios filtrados no ataque