Vigo baralla introducir as "turboglorietas". Chegarán ao Val Miñor?

Imprimir
turbo rotonda

As turbo glorietas preséntanse como unha alternativa posible para reducir os sinistros das actuais.

Vigo plantexa introducir este novo modelo de interseccións para reducir a segunda causa de accidentes en cidade. Un cambio que os miñoráns visitantes da cidade olívica terán que asimilar para poder conducir na cidade.

O novo deseño “obriga” elixir o carril de saída antes de entrar e elimina a prioridade do carril exterior.

España é un país invadido polas rotondas, e Galicia fixo da súa utilización unha estrutura imprescindible nos seus deseños de estradas, carreteiras e autoestradas. Mais a aparente seguridade que ían dar ao tráfico está infraestrutura está agora en dúbida en todo o Estado.  A falla de cumprimento por parte dos condutores das normas que a rexen, fan que acaben sendo máis un estorbo que unha verdadeira axuda.

A finais de "2009 inaugurouse na vila asturiana de Grado, habitada por pouco máis de sete mil persoas, a primeira ‘turboglorieta’. Daquela presentada por autoridades locais e da DGT como unha "una solución viaria -usada fundamentalmente en Holanda- que elimina a prioridade do carril exterior”.

O novo tipo de glorieta caracterízase pola ausencia do carril exterior, causante de moitos problemas nas tradicionais. Na turbo-rotonda o condutor terá que elixir a que saída vai dirixirse antes de entrar.

Inda que o principio esta innovación traída dende Holanda foi considerada un pouco “tola” por algúns medios especializados, co tempo gañou adeptos e agora mesmo sinálase a posibilidade de que Vigo conte con elas.

A “turboglorieta” debe o seu nome ao feito de aumentar a capacidade das interseccións entre un quince e un vinte por cento e incrementa a seguridade, segundo medios especializados. "A distribución de tráfico que propón outorga utilidade a todos os carrís, xa que cada un deles traslada ao condutor ata unha saída polo que debe elixirse desde o inicio o carril en función do destino."

Isto axiliza a circulación, porque aínda que o radio de curva obriga a reducir a velocidade considerablemente, non o fai dunha forma tan pronunciada como as glorietas tradicionais, o que evita os atascos na zona.