O conto do “sobriño” valeulles para roubar en 15 vivendas de #Galicia.

Imprimir
botin oro

As vítimas eran sempre persoas de avanzada idade ante as que se presentaban como sobriños ou familiares distantes. Un dos dous integrantes da banda, realizaba labores de vixilancia e preparaba a ruta de fuxida, á vez que o outro enganaba á vítima e contáballe que ía a bautizar á súa filla e que quería invitala á celebración. Tras gañarse a súa confianza acompañábana á súa vivenda e pedíanlle que lle mostrase unhas xoias antigas para fotografalas e facer unhas iguais para o bautizo do bebé.


Dous detidos
Axentes da Policía Nacional detiveron a dous varóns, o primeiro de 48 anos de idade, de nacionalidade española e con domicilio en Xinzo de Limia (Ourense), e o segundo de 28 anos, de nacionalidade portuguesa e con domicilio en Vigo, como responsables de varios delitos de estafa, furto e roubo con violencia.

O conto do "sobriño"
A investigación comezou a principios do pasado mes de xullo, cando unha muller denunciou que cando accedía á súa vivenda achegóuselle un home que se identificou como un sobriño ao que facía moito tempo que non vía, polo que o invitou a entrar.
Tras unha breve conversación o suposto sobriño pediulle 300 euros, negándose a vítima a darlle o diñeiro, aínda que ante a insistencia deste varón a muller colleu un sobre con diñeiro e entregoulle 200 euros, ocultando novamente o sobre.
Minutos máis tarde ambos se despediron, e cando a vítima foi a recoller o sobre onde gardaba o diñeiro descubriu que este desaparecera, así como os 5000 euros que contiña o seu interior.

15 denuncias similares
Logo dun complexo labor, os axentes encargados do caso descubriron que desde finais do pasado ano producíronse 15 feitos case idénticos en diversos puntos da xeografía galega.

En todos eles unha persoa ben vestida e con dotes de persuasión, abordaba a persoas de avanzada idade nas proximidades dos seus domicilio e facíase pasar por un familiar, xeralmente un sobriño distante, e tras gañarse a confianza da vítima accedía ao seu domicilio onde lle pedía que lle deixase ver as xoias para fotografalas e así poder encargar unha idéntica para a súa nai, irmá ou filla, aproveitando un despiste da vítima para subtraerllas e abandonar rapidamente o domicilio con algunha escusa.

Noutros casos en que a vítima era máis confiada convencíana para que lle prestase temporalmente xoias ou diñeiro e do mesmo xeito que no caso anterior subtraían diversos efectos ou diñeiro, nas idas ou vindas desta, desaparecendo a continuación do lugar.

Operativo de captura
Por todo iso elaborouse un dispositivo encamiñado á localización e detención dos responsables dos feitos, á vez que se seguían analizando as diferentes probas.

O avance das investigacións permitiu aos axentes identificar a un varón como presunto responsable dos feitos, á vez que localizaban un vehículo nas inmediacións da Travesía de Vigo que podería estar sendo utilizado para os seus desprazamentos.

Varios indicativos controlaron este vehículo de forma permanente, ata que a última hora da pasada mañá uno deles descobre a dous varóns que se introduciron no seu interior e iniciaron a marcha.

Tras avisar ao resto dos axentes comezaron un seguimento discreto ao longo de diversas rúas da cidade, o cal finalizou coa interceptación e bloqueo deste automóbil cando intentaba acceder á autopista pola rúa Bos Aires.

Logo de identificar aos dous ocupantes os axentes comprobaron que un deles dispoñía de dúas identidades e nacionalidades diferentes, ademais de cinco ordes de detención por diversos feitos, mentres que o outro ocupante tiña outras tres reclamacións xudiciais, polo que procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais.

Unha vez en comisaría e tras realizas todas as comprobacións procedeuse a solicitar autorización xudicial de entrada e rexistro en dúas vivendas que estes varóns tiñan en Ponteareas e Vigo.

Descobren un verdadeiro "tesouro" de botín
Durante o rexistro, os axentes descubriron diversas xoias, colares, pulseiras e aneis, ademais de dous vehículos de alta gama, 26.000 euros en efectivo e outros efectos.

É destacable o nivel dalgunhas xoias subtraídas como cordóns de ouro, gargantillas, pendentes, rubís, zafiros, e outras pedras, aínda que entre todas elas destacaba un broche de ouro con incrustacións de 70 diamantes.

Á xustiza
Todo o actuado a disposición do Xulgado de Instrución número Cinco de Vigo en funcións de Garda, sendo o Grupo de U.D.E.V.-1 pertencente á Brigada de Policía Xudicial desa Comisaría quen levou o peso da investigación

Entre o botín incautado atopábase un broche de ouro con incrustacións de 70 diamantes.