Concentración no MARCO en repulsa polo asasinato por violencia machista de dúas mulleres en Cervo

Imprimir

A Coordinadora Nacional Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca a unha concentración de repulsa polo asasinato de Adela Ramos, de 72 anos e María José Suáres López, de 45 anos polo seu xenro e compañeiro respectivamente na súa casa de Cervo (Lugo). A mesma terá lugar este xoves 16 de xaneiro ás 19:30 horas diante do MARCO de Vigo.
A Coordinadora convoca á sociedade a saír á rúa para manifestar a súa indignación e "rexeitar o cruel asasinato de Adela e María José e denunciar a violencia machista padecida polas mulleres e exercida contra nós polo simple feito de selo"