Nigrán celebrará na segunda quincena de novembro as II Xornadas sobre Violencia de Xénero

Imprimir

Con motivo da conmemoración do Día Internacional para a Erradicación da Violencia de Xénero, a Concellería de Patrimonio, Igualdade e Xuventude do Concello de Nigrán está a organizar II Xornadas sobre Violencia de Xénero: Abusos sexuais na infancia e adolescencia.

As xornadas desenvolveranse os días 14 e 15 de novembro en horario de tarde. A concellaría anuncia que proximamente abrirase o prazo de inscrición. Para mais información as persoas interesadas poden dirixirse ao Centro de Información ás Mulleres no tlf: 986383081, correo electrónico: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de robots spamers, precisas activar o JavaScript para velo .