Convocan unha concentración diante do MARCO de Vigo contra a violencia machista.

Imprimir

Con motivo do asasinato o pasado domingo de Elisa María Abruñedo en Lavandeira (Cabanas), a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres convoca á cidadanía a participar dunha concentración de repulsa e denuncia desta nova acción de violencia contra as mulleres. O acto terá lugar o vindeiro venres 6 de setembro ás 20 horas diante do MARCO (Rúa Príncipe), en Vigo. No mesmo terá lugar a lectura dun manifesto "coa esperanza que sexa a última vítima de violencia machista", segundo informan dende a coordinadora.