Taller infantil para decoracións do Nadal, no Pavillón Municipal de Deportes de Panxón

Imprimir

- O concello de Nigrán facilitará un servizo de transporte

O venres 21 os máis pequenos do municipio teñen unha cita co Nadal. O Pavillón Municipal de Deportes de Panxón abrirá a partir das 17.00 horas para ofrecer uns talleres infantís de decoración do Nadal. Os adornos realizados polos nenos serán utilizados para decorar o pavillón para a celebración o domingo 23 a partir das 17.00 horas do Papá Noel Solidario.

O concello de Nigrán facilitará un servizo de transporte cos seguintes horarios:

- C.C. A Unión: 15.50 h.

- C.C.D. Bolos A CARRASCA: 15.55 h.

- C.C. PARADA - MIÑOR: 16.05 h.

- C.C. A Camoesa: 16.12 h.

- TORREIRO DE CAMOS: 16.16 h.

- CHANDEBRITO (CRUCE ACCESO COLEXIO ESTUDO): 16.26 h.

- C.C. O Torreiro DE PRIEGUE: 16.45 h.

- BIBLIOTECA CEAN: 16.52 h.

- CASA DO CONCELLO: 16.55 h.

A ruta de regreso realizarase a partir das 20 horas, no sentido inverso á ida, coa primeira parada na Casa do Concello e a última no C.C. A Unión.