A Xunta inicia hoxe as charlas de prevención ao consumo de drogas no IES Val Miñor

Imprimir
cocaina

A Consellería de Cultura e Educación comezará este lúns 13 de febreiro no IES Val Miñor (Nigrán) unha serie de charlas informativas para a prevención do consumo de drogas. Dirixidas a alumnos e alumnas dos institutos de secundaria, as conferencias están impartidas por dous internos e un membro do equipo do Módulo Terapéutico do Centro Penitenciario da Lama, e teñen coma obxectivo xeral informar e intentar concienciar aos xoves escolares dos perigos que supón o consumo de drogas.

A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, a xefe territorial de Educación, César Pérez Ares e responsables do centro penitenciario. acudirán á xornada en compañía da concelleira de Educación Ana Rosa Costas Abalde, a concelleira de Benestar Social e Sanidade, María del Carmen Alonso Macías-Jorreto e a concelleira de Patrimonio, Xuventude e Igualdade, María José Pino Fernández.